Volver á páxina principal

Escudo de Antas

Concello de Antas

Antas de Ulla

Clube de Lectores Rosalía da Biblioteca
Escola de Banda de Música
Asociación de Pais/Nais do CEIP
Asociación de Mulleres Antulla
Asociación Cultural Fiadeira
Coral Polifónica Sons do Farelo
Asociación Cultural FolkAntas


O municipio lucense de Antas de Ulla resulta ser o Concello ubicado no Centro Xeográfico de Galicia. Berce do río Ulla, que lle da nome, e escoltado polo monte Farelo, configúrase como unha das bisbarras mais fermosas do país. Rica gastronomía (renomeado o Pan de Antas e queixo da Ulloa), acolledoras paisaxes.

Esta parceliña foi mercada mediante a unión das sete Asociacións Culturais que neste ano de 2006 artellan e manteñen viva -cada cal ó seu xeito e no seu ámbito- a veliña da inquedanza cultural, dende a música e o baile tradicionais ata o teatro, dende a polifonía ata o deporte escolar, dende os magostos ata a organización de viaxes culturais...

Cada unha é diferente pero todas teñen un marcadísimo nexo común, que con esta acción quedará para testemuña perenne: Antas de Ulla.

E deste xeito queren tamén participar na magnífica labor desenvolvida pola Asociación Cultural Fillos de Galicia, Comunidade Virtual cuxo nexo común é ainda máis grande: Galicia.
Fundada en xuño de 1.996, a Asociación Cultural Fiadeira, iníciase como Escola de Música e Danza Tradicionais de Galicia.

Uns 25 alumnos, baixo a dirección de Roberto Sala logran, ó cabo de pouco mais dun ano, constituir un Grupo de Música Tradicional que se presenta no Castro de Amarante por primeira vez en público.

Logo dun tempo adicándose mais a outras actividades culturais, como escolas de cerámica e de cestería; en 1999 volve a rexurdir o Grupo de Música Tradicional, desta vez baixo a dirección de Manuel Varela "Varelita" , adoptando o nome de Charamela. Ó longo dos ano 2.000 ata o 2005 o Grupo actúa en múltiples localiades de toda Galicia, ademais de percorrer practicamente tódalas parroquias do Concello, tamén actúa nas cidades portuguesas de Monçao, Valença e Lisboa.

No ano 2.004 dáselle un púlo á sección de Baile Tradicional, así como cóntase coa incorporación de novos membros á Escola de Música con tres seccións: infantil, xuvenil e adultos.Dende entón conta coa dirección de Miki Rodríguez.

Entre as dúas seccións (música e baile), hoxendía, en Fiadeira participan arredor de medio centenar de persoas.
O "Club de lectores Rosalia da Biblioteca", naceu como unha plataforma para dar cobertura ó grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e dende él estudianse ,traducense e selecionanse obras para levar á escea. O Grupo de Teatro está integrado por máis de 50 persoas de diferentes idades,ainda que a maioria son xente xove. Por medio deste Club teñense organizado interesantes viaxes culturais ós centros máis importantes do teatro, como é o Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e ó Festival Internacional de Teatro Grecolatino de Mérida. Pretendemos seguir con esta formacion e difusion do teatro ,tendo como obxectivo próximo pasar a analizar e comentar outros xeneros literarios.

Nos grandes exitos deste grupo de teatro estan ,"Os vellos non deben de namorarse","Cabaret","O Quixote","Vodas de sangue", "A Casa de Bernarda Alba" ,entre outras moitas pois son mais de 30 as obras representadas nos dez anos de andaina, con Jouse Garcia como director escepto un ano que tamén tivemos o pracer de ser dirixidos por Xavier Deive.

http://www.teatroantasdeulla.org/
A Asociación Coral Polifónica Sons do Farelo foi fundada aló polo ano 2000 e estreouse oficialmente o 26-1-02 e desde esa data ofreceu concertos nas vilas de Antas de Ulla, Taboada, Palas de Rei, Monterroso, Sarria, Sober, Mondoñedo, Quiroga, Narón, na televisión de Lugo, etc. Tamén actuou como anfitriona organizando concertos nos que participaron as corais de outras vilas galegas e tamén a Coral "Quelli delli" de Italia.

Na actualidade está formada por trinta e tres membros e está dirixida por Serxio Alba Vázquez . Conta cun repertorio profano e outro relixioso.

Esta Asociación ten a sua sede na Casa da Cultura de Antas de Ulla, está presidida por Mª Dolores Mariño e ten como Secretaria e Tesoureira a Marga Varela e Mercedes Rodríguez, respectivamente.

Telf de contacto: 982 379400
A Asociación de Mulleres "ANTULLA" nace no ano 2000, coa finalidade de ofrecer ás mulleres do municipio a posibilidade de participar en cursos (fotografía, internet, cestería,pastelería, etc.), realizar viaxes turísticos e culturais por toda a xeografía galega (Rías Baixas- Costa da Morte - Mondoñedo- Ourense - Santiago- Padrón...), e por diferentes lugares de interese fóra de Galicia e incluso de España. O obxectivo principal é acadar unha mellor calidade de vida da muller no medio rural,de xeito que poida aproveitar e disfrutar do seu tempo libre e coa súa xente, dunha forma enriquecedora para o seu desenvolvemento na sociedade.

Antulla quere convidar a todas aquelas persoas que se achegan a este sitio web, a que coñezan o municipio de Antas de Ulla e a súa riquexa paisaxística, cultural, arqueolóxica..., co desexo de que disfruten do noso pobo e da súa xente.
A Asociación de Pais/Nais de Antas de Ulla xurde nos primeiros anos da década dos Setenta coa agrupación de toda-las Escolas ruráis do Concello , que ata ise intre foran o motor educativo e de ensino dos rapaces e rapazas da época , nun único Colexio radicado no núcleo urbán .

Os obxetivos da APA ao percorrer destes mais de trinta anos foron mudando de acordo coas esixencias e necesidades que demandaban os tempos . Mais en nigún momento se apartaron do que foi a causa da sua orixe , a necesidade de xuntar os esforzos dos pais para cumprimentar xunto cos mestres a familia educativa dos fillos . Así nos atopamos que tanto estivo para costear suplementos alimenticios , promover charlas e conferencias como para organizar competicións deportivas e outras .

Na atualidade centramos os nosos esforzos no desenrolo de atividades extraescolares , e que están a ter unha moi boa aceptación dentro do alumnado do Centro . Actualmente contamos con algo mais de 100 alumnos , dos que a meirande parte participan nalgunha das atividades que estamos a organizar : 32 en NATACION , 12 en INFORMATICA , 19 en MANUALIDADES , 29 en BARRO etc....

O FERMENTO DA NOSA ASOCIACION FORON ,SON E SERÁN :

OS NOSOS TOLOS BAIXIÑOS
A Banda de Música de Antas de Ulla fundouna D. Emilio de Cutián no ano 1.896. A partires de entón pasea a sua fama por toda Galicia e boa parte de España, colleitando numerosos éxitos, como o primeiro premio no Certame de Bandas Populares de Música, celebrado en Lugo no San Froilán de 1.931, baixo a batuta de D. Emilio Otero Val "O Portocarreiro". No ano 1.985, por iniciativa do médico da vila D. Félix Teijeiro, refúndase a Banda e maila Escola de Música. D. Félix (Quico), desenrola unha encomiable labor buscando novos músicos e animando a outros a incorporarse. Contrata como director a D. José Oro Val, quen realiza un gran traballo profesional na formación dos músicos noveles; quenes unidos ó xa experimentados compoñentes, lograron que a Banda de Antas de Ulla voltase a trunfar como nos seus mellores momentos.

Actualmente a Banda está presidida por D. Pablo Dablanca Viña, contando coa dirección de D. Salvador Gascón Serra (Tenente da Banda Militar do Noroeste).

O seu obxectivo segue a ser fomentar a divulgación, coñecemento e práctica do arte musical, colaborando con outras entidades e agrupacións que tenden ós mesmos fins, especialmente vencelladas a Galicia nas suas costumbres, tradicións e culturas.
A Asociación Cultural FolkAntas resulta ser a benxamina das Asociacións de Antas. Fundada en 2004, toma o relevo de Fiadeira nunha das tarefas iniciadas por ésta: a organización dun Festival Folk con repercusión en todo o país, traendo a Antas o mellor da música galega que se fai en cada momento.

Susana Seivane, Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura, Os Cempés, Macfeck, Vaid'Arela e o Jarbanzo Negro, Pepe Vaamonde Grupo e A Banda de Poi foron os artistas participantes ate o de agora nas tres edicións que FolkAntas leva andadas.

Pensan os seus dinamizadores en ser escaparate da florecente oferta de música tradicional de Galicia, sin esquecer as músicas irmáns con raices celtas.

http://www.festivalfolkantas.blogspot.com/

folkantas ARROBA deulla.es

Álbume de fotos